BibEsc - Bibliotecas Escolares

27 marzo 2007

Estudio de investigación sobre la situación laboral de los titulados de ByD de la UDC.

Bos dias!
Antes de nada, gracias pola colaboración no estudo...a ver se conseguimos algo bo. (Bueno, eu penso que algo, por pouco que sexa o que se faga xa é bo).
Este corrreo é para pedirvos axuda en canto a publicidade. Nós intentamos colgar unha mensaxe en Iwetel, pero os moderadores consideraron que ten un interese minoritario, polo que non nos admitiron a mensaxe.
Pensamos en crear un blog para contactar con máis xente, pero cremos que para que o chamamento sexa eficaz é mellor "utilizar" (permitídeme a palabra) blogs xa coñecidos, que teñen os seus lectores e polo tanto xa non hai que publicitar.
Por iso nos poñemos en contacto con vós. Ata o momento a resposta da xente foi realmente sorprendente, pero sempre pode quedar alguén que por calquera motivo non continúe en contacto con compañeiros...se puiderades colgar unha mensaxe en BibEsc e en Deakialli, quizais chegaríamos a esa xente que non se enterou. Soamente sería comentar que estamos intentando facer un estudo sobre a situación no mercado laboral dos titulados en BD da UDC (só de Ferrol), e que aqueles que aínda non contactaran con nós que o fagan neste correo (biblioteconomia_inves@yahoo.es) . A mensaxe vai dirixida aos que xa remataron a diplomatura ou a licenciatura, non aos estudantes.
Un dato importante é que en dúas semanas xa contactamos con 95 persoas...non é unha mala cifra!
Bueno, pois nada máis polo momento. Gracias pola vosa axuda, e se non podedes facelo tampouco pasa nada, nós entendémos que cada blog ten a súa temática e este é un caso especial.
Ah! Outra cousa. O prazo para a recepción do cuestionario remata o 28 de marzo, así que aqueles que queiran participar no estudo teñen que contactar con nós antes dese día para que lles enviemos o cuestionario e lles dea tempo a cubrilo.
Un saúdo, e grazas polos ánimos.
Susana Guitar
Gloria Vázquez

Etiquetas: , , ,