Contacontos para adultos na biblioteca de Chapela
Dende a biblioteca da Chapela - Vigo informan da seguinte actividade.
Ola:
O vindeiro VENRES 16 DE MAIO ás 20:00 h. teremos un Contacontos para adultos na biblioteca de Chapela. O espectáculo é "Palabras de Muller", realizado por Charo Pita, e que se define como:
"Espectáculo de historias onde a palabra faise ollada ao fondo das relacións humanas: fábulas posibles e imposibles que inventan día a día os ritos máis fantásticos de cortexo, apareamento, traballo, convivencia onde a felicidade, lonxe de se definir como a simples satisfacción do que se desexa, convértese nun cofre misterioso que endexamáis se remata de abrir. Desde o mundo das nosas bisavoas sometidas á tiranía da emigración e dunha sociedade fechada que as ataba ao home, ata a tarefa da muller de hoxe quen, dividida entre o doméstico, e o laboral, esquécese a si mesma, todas, heroínas anónimas, configuran o perfil do feminino, outra forma de ser, sentir e estar no universo. Relatos da propia narradora artellan esta sesión de contos, algúns recibidos desde a oralidade e adaptados por ela, outros incluidos no seu libro A la Sombra del Cuento, ed. Palabras del Candil, 2007".
Esperamos que a actividade sexa do voso interese e convidámosvos a todos/-as a presenciala.
Un saúdo, e moitas grazas por lle dar difusión a esta nova.
Mª José Villar Fernández
A.M.L. BIBLIOTECA DE CHAPELA
Piñeiral do Crego, S.N., Edificio Multiusos
36320 - Chapela (Redondela)
Tlf: 986-454-226
Email: chapela.redondela@rbgalicia.org

Etiquetas: animación a la lectura, bibliotecas
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home