Internet como ferramenta empresarial
Próxima realización da xornada informativa “Internet como unha ferramenta empresarial” o día 10 de maio na Escola de Arquitectura Técnica – Campus da Zapateira, en horario de 10:00 h a 20:00 h.
O obxectivo desta xornada será definir as posibilidades de Internet na empresa como instrumento para incrementar a produtividade, a competitividade e os beneficios en cada área de negocio. En resumo, trátase de coñecer:
- o funcionamento da rede e as súas posibilidades empresariais
- como, cun investimento reducido, se pode operar en mercados competitivos
- as posibilidades concretas que ofrece Internet: redución de custos e riscos, engadido de máis valor, deseño de novas formas de creación de valor para os clientes,...
- as posibilidades de Internet na xestión da información interna e externa da empresa
- os servizos de interese empresarial dispoñibles na actualidade, polos provedores galegos e nacionais de Internet.
Esta xornada está aberta á participación de toda a xente interesada nela e non ten ningún custo. O programa da xornada é o seguinte:
· Internet como ferramenta de utilidade empresarial
· Correo electrónico: utilización axeitada e vantaxes reais
· Ofertas de servizos empresariais en Internet e no correo electrónico
· Como tirarlles partido ás diferentes webs de interese empresarial
· A xestión económica da información e das tecnoloxías da información na empresa.
Este seminario está dirixido preferentemente a empresarios e directivos de pequenas e medianas empresas.
De estares interesado/a na realización desta xornada ou de teres calquera consulta, ponte en contacto co Servizo de Autoemprego da Universidade da Coruña:
- Oficiñas: SAPE – Casa do Francés. Campus da Zapateira
- Tlf.: 981 16 7000 - Ext: 2920 / 2922 / 2923
- Correo electrónico (jfernandezlo@udc.es, mruibal@udc.es, mmartinezt@udc.es )
Curso de balde e prazas limitadas. Diploma acreditativo.

0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home