BibEsc - Bibliotecas Escolares

25 abril 2007

Curso de "Creación e uso dos blogs no entorno bibliotecario"

Colgo aquí unha noticia da Asociación ANABAD-GALICIA acerca do curso que teñen plantexado facer sobre os blogs. Hai máis información na súa páxina web acerca de todas as actividades e proxectos que teñen pensado facer: http://www.anabadgalicia.net/
Animádevos que isto parece que arranca... Un saúdo.

Queremos comunicarvos que o curso "Creación e uso dos blogs no entorno bibliotecario" edición A Coruña, ten cubertas todas as prazas. Para aqueles que estean moi interesados, decirvos que aínda quedan algunhas prazas na edición de Baiona, pero como tampouco son moitas é mellor que enviedes o boletín de inscrición, e unha vez confirmada a reserva de praza, fagades efectivo o pago. Un saúdo.
Isabel Buján: anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com

Etiquetas: , , ,