Lectura e Dinamización de Bibliotecas Escolares
Educación fomenta a lectura e a dinamización das bibliotecas escolares
ABC-Galicia. 17 de agosto de 2007
SANTIAGO. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente da importancia das bibliotecas escolares como centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, vén realizando diversas actuacións para renovar e actualizar as coleccións destes espazos, tendo en conta que o novo modelo de biblioteca inclúe todos os soportes e formatos (materiais impresos, multimedia e electrónicos).
Deste modo, unha das iniciativas do departamento educativo galego é o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, que permitirá a un total de 160 bibliotecas escolares mellorar a súa dotación e promover actividades de dinamización no vindeiro curso 2007/2008.
O plan pretende incentivar e impulsar a elaboración e posta en marcha de proxectos de biblioteca que recollan a súa integración nos procesos de ensino e aprendizaxe; a realización de actividades de formación de usuarios e educación en información ou educación documental; o papel da biblioteca na elaboración e desenvolvemento do proxecto lector do centro; o fomento da lectura; a compensación das desigualdades sociais; e a dinamización cultural na comunidade escolar.
Dentro do conxunto de accións postas en marcha polo departamento educativo galego de cara ao fomento da lectura nos centros de ensino atópase a campaña «Hora de ler», destinada aos 237.000 alumnos de educación infantil, primaria e primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos preto de 1.500 centros públicos e privados de Galicia que imparten estas etapas.
Así, dotouse aos centros de materiais didácticos e recursos para impulsar o hábito lector e o papel da lectura e da biblioteca escolar, como lugar de encontro coa palabra e a imaxe, e de apertura á propia realidade e a outras realidades. A campaña distribuíu nunha segunda etapa materiais específicos para o alumnado das distintas etapas educativas.

Etiquetas: bibliotecas escolares, noticia
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home