BibEsc - Bibliotecas Escolares

11 noviembre 2008

FERRAMENTA EN LÍNEA PARA CREAR MAPAS DE IDEAS

Seguindo un pouco ca moda das Novas Tecnoloxías, o seu uso e, sobre todo, a súa aplicación ó campo da investigación (personal ou profesional), aquí fago eco dunha ferramenta web que axuda, de forma sinxela e gratuita, a rexistrar a choiva de ideas e a elaboración de mapas de ideas.
Permite tamén engadir cores ós mapas creados, compartilos con outras persoas e incluílos nun blog, nunha web, envialos por correo, imprimilos ou exportalos coma imaxe.

Para todos aqueles que teñan curiosidade neste ámbito aquí lles deixo un enlace á páxina web onde se pode traballar con esta ferramenta.

http://bubbl.us

Saúdos.

Etiquetas: ,