02 mayo 2008
Premio Trasalba 2008 a la bibliotecaria Olga Gallego
Noticia de Xornal.com, martes 29 de abril de 2008A bibliotecaria e documentalista Olga Gallego, Premio Trasalba 2008
A Fundación Otero Pedrayo vén de decidir, por unanimidade, conceder o XXVI Premio Trasalba á bibliotecaria e documentalista ourensá dona Olga Gallego Domínguez, personalidade fortemente vencellada á recuperación da cultura galeguista durante a postguerra, unha das organizadoras no seu día dos fondos documentais e bibliográficos da Fundación Penzol, e relacionada de sempre coa figura e a memoria de Ramón Otero Pedrayo, de cuxa Fundación forma parte como padroeira.
Recoñécese un labor intelectual de moitos anos, vencellado á cultura do libro e preocupada pola organización da memoria documental da cultura e do galeguismo. De feito, cando se constitúe a Fundación Penzol no ano 1963 e se reciben os importantes fondos do rexistrador da propiedade e mecenas da cultura galega Fermín Penzol Labandeira, Olga Gallego, xunto con Francisco Fernández del Riego, foi quen xenerosamente procedeu á catalogación e sistematización dos mesmos, cunha entrega da moito tempo ao mantemento e consolidación da biblioteca e dos fondos documentais da devandita Fundación.
Dende o primeiro momento estivo, asemade, vencellada á Fundación Otero Pedrayo, que se constitúe en 1979.
Etiquetas: biblioteconomía, premios
14 septiembre 2007
Premios literarios do Grupo Editorial Luis Vives
A literatura galega está de noraboa! O autor galego MARCOS S. CALVEIRO, ca súa obra O carteiro de Karrada, acaba de gaña-lo XVIII Premio de Literatura Infantil Ala Delta.
Por outra banda, a escritora arxentina LYDIA CARRERAS DE SOSA, gañou o VII Premio Alandar de Literatura Xuvenil ca súa obra El juramento de los Centenera.
Por outra banda, a escritora arxentina LYDIA CARRERAS DE SOSA, gañou o VII Premio Alandar de Literatura Xuvenil ca súa obra El juramento de los Centenera.


